A viaxe á fin do mundo. Manuel F. Rodríguez

-5%
A viaxe á fin do mundo. Manuel F. Rodríguez

 A viaxe á fin do mundo é a primeira novela do sarriao Manuel F. Rodríguez. Doutor en Ciencias da Información e xornalista, traballa desde hai vinte e tres anos como técnico cultural da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. Foi profesor de Comunicación da Universidade de Santiago e colaborador  docente nos seus Cursos Internacionais.

 
SINOPSE:
 
Moito antes que o Códice Calixtino roubaron da catedral de Santiago a xoia máis antiga e amada. Nunca apareceu. Era parte dunha viaxe. 
O roubo en 1906 na basílica compostelá da cruz de Afonso III, unha cruz grega do século IX de ouro e xemas, nunca se resolveu. A prensa apenas tratou o sucedido, malia supoñer a perda da ofrenda máis antiga ao apóstolo Santiago e a máis venerada polos peregrinos. En 1921, o misterio aumentou ao arder o retablo de onde desaparecera. Foi un feito insólito e non aclarado e, coma o roubo, axiña esquecido.
Só alguén en Santiago, un xornalista, quererá respostas, non tanto por afán profesional como polo xeito en que estes sucesos condicionarán, sen piedade, a súa vida. Esta busca levarao a cruzarse, de traumático xeito, con outras buscas non menos determinantes. Procuras que aos cen anos do roubo volverán con insospeitadas consecuencias. A clave estará na viaxe metafórica e real ao finis terrae máis mitificado polos europeos a través dos séculos.
A viaxe á fin do mundo é unha historia de interminable misterio onde o amor e a morte se unen para facer de cada pregunta a resposta.
 
AUTOR: Manuel F. Rodríguez.
TÍTULO: A VIAXE Á FIN DO MUNDO.
BOLANDA EDICIONES Y MARKETING.
PÁXINAS: 493
PESO: 800 gramos.
MEDIDAS:24 x 17 x 2,5 cm