Guía Secreta da gastronomía de Galicia/Lugo
Guía Secreta da gastronomía de Galicia/Lugo
11,90€
IVA IncluidoTras a publicación do volume dedicado a Ourense,elaborado polo chef Martín Álvarez (Premio Gourmand 2010 á "Mellor viaxe gastronómica" e libro finalista dos Premios da Edición de Galicia 2010), a Guía secreta da gastronomía de Galicia continúa o seu percorrido. Agora, pola provincia de Lugo. Nesta segunda entrega, a provincia máis extensa do país revélanos, da man do experto gastrónomo Miguel Vila, os seus tesouros culinarios: produtos,receitas, costumes máis xenuínos e lugares onde atopar toda unha identidade gastronómica, tantas veces descoñecida por propios e foráneos.
A guía detense nalgúns dos mellores pans do país (Ousá, Mondoñedo, Martiñán...), en queixos de tres denominacións de orixe ( San Simón, Arzúa-Ulloa e O Cebreiro) con outros menos populares e igual de xenuínos. Descúbrenos así mesmo como medir a gradación no picante dos pementos de Mougán ou fálanos de variantes antigas de patacasque aínda se sementan ( a cazona ou a habanera). O autor viaxa polas peculiares receitasluguesas como as sardiñas arenques, o pato ao estilo Ribadeo, o bonito en rolo, os chanfainos ou chouláns, e recollemtodo o universo da matnza. Remata, como non, coas sobremesas de sona (como as tortas de Mondoñedo, Portomarín ou Guitiriz) e outras menos coñecidas como a colineta, cos renacentes viños do sur (da Ribeira Sacra) e as augardentes (Portomarín ou Quiroga).
Seis amantes da boa cociña completan este brillantes traballo de Miguel Vila: o cociñeiro Iago Castrillón, os xornalistas Manuel Gago e Santiago Jaureguizar, o escritor Xabier P. DoCampo, a presidenta da Asociación de Sumilleres, Mercedes González, e a escritora Helena Villar Janeiro. Cada un deles revélanos un secreto gastronómico lugués moi suculento.
Editora: Alvarellos.
ISBN: 978-84-89323-69-8.
Depósito Legal: C 1597-2011.
Páxinas: 151.